O pasado 4 de decembro celebrouse a derradeira sesión do ciclo de cine sobre medioambiente e conflito social.
Xaquín Rudido Muñiz foi o
encargado de levar a diante a sesión na que se visionou A mirada de Anna, documental no que a fotoxornalista catalana repasa
a Transición en Galicia.
Xaquín Rubido é un ecoloxista de
longa traxectoria de activismo sociopolítico. Participou na creación do
Sindicato Agrario Galego, no Círculo de Información e Estudos Sociais (CIES),
na formación da Coordenadora Veciñal de Montes en Man Común de Pontevedra, na
Comisión Cidadá en Defensa da Illa de Cortegada… Na actualidade é voceiro da
Plataforma Nunca Máis. A persoa axeitada, xa que logo, para comentar A
mirada de Anna, filme no que se nos fala,
entre outros moitos temas, da construción da Autopista do Atlántico, do
conflito de Xove, dos montes en man común, etc. O comentario de Xaquín Rubido
tratou dos movementos sociais na Transición e hoxe, das diferencias e das
semellanzas.
Non nos queda nada máis que agradecer a colaboración de todas as persoas que colaboraron neste curso: quen se encargou dos relatorios, asistentes e responsables das burocracias, que non son poucas.
Non nos queda nada máis que agradecer a colaboración de todas as persoas que colaboraron neste curso: quen se encargou dos relatorios, asistentes e responsables das burocracias, que non son poucas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario