Nos meses de novembro e decembro desenvolverase en Santiago de o Ciclo de Cine e Historia: Cinema, medioambiente e conflito social. Organizado por Nova Escola Galega e a Asociación Cultural Sinenomine, esta actividade de formación do profesorado está relacionada co proxecto de investigación “Mobilización política e conflitividade social nun contexto de grandes cambios: a Galicia rural durante o tardofranquismo e a transición (1960 – 1982)”, do que Daniel Lanero Táboas, profesor da USC, é o seu investigador principal. O proxecto forma parte da actividade do grupo Histagra.
Dentro dos obxectivos de Mobilización política e
conflitividade social… atópase o de dar
difusión social aos resultados. Con ese motivo, o proxecto de investigación
colaborou coa Asociación Cultural Sinenomine na produción dunha mostra
itinerante, Vivir da terra. A loita do campesinado galego (1925-1975),
destinada a centros de ensino e toda aquela organización social que poida estar
interesada nesta cuestión.
Vivir da terra. A loita do
campesinado galego (1925-1975A Galicia
rural ten sido vinculada ao atraso, á inmutabilidade, ao conservadurismo e ao
caciquismo. Sen negar a existencia histórica de actitudes sociais e políticas
conservadoras, o certo é que a nosa realidade é bastante máis complexa.
Dende finais do século XIX,
producíronse transformacións socieconómicas, políticas e culturais moi
profundas que mudaron por completo a face do mundo rural. Xunto con períodos de
escaseza material, estancamento produtivo e regresión política e social —como a
longa posguerra posterior ao conflito de 1936-1939— existiron etapas e
movementos democratizadores, de construción da sociedade civil e de
modernización económica. É o caso do agrarismo de comezos do século pasado.
Porén, esta exposición didáctica
céntrase na mobilización política e nos múltiples conflitos sociais que tiveron
lugar na Galicia rural dos anos finais da ditadura franquista e da transición.
Presenta á súa contribución á conquista social da democracia para integrar
mellor ó agro na explicación do cambio histórico na segunda metade do século
XX”.
Carme Alvariño Alejandro, Xosé Armas Castro, Heladio Anxo
Fernández Manso, Mercedes González González, Xosé Lois Gutiérrez Fajilde,
Daniel Lanero Táboas, Ramón López Facal, María Luísa Paz Patiño, Francisco
Antonio Pérez Otero e Víctor Manuel Santidrián Arias son os autores de Vivir
da terra. A loita do campesinado galego (1925-1975), que se pode visualizar na web de Histagra.
A exposición, de fácil transporte, pode ser solicitada á Fundación 10 de Marzo
(f10m.sn@galicia.ccoo.es).
No hay comentarios:
Publicar un comentario