HISTORIA E CIENCIAS SOCIAIS

5 dic. 2011

Vida cotiá no primeiro franquismo

Esta Unidade acompaña á exposición gráfica do mesmo título, que podedes mirar na páxina da Fundación 10 de Marzo, responsable de ambas publicacións. A Unidade inclúe o texto e as imaxes dos paneis (en branco e negro), e unha serie de actividades, numerosas e variadas para que os profesores escollan as que mellor se adapten aos seus obxectivos.

A exposición céntrase na vida cotiá, pero sen prescindir dos aspectos económicos e políticos xerais, porque só así de pode entender un período histórico. Pensamos que é unha boa ferramenta para coñecer e comprender as bases da Ditadura e a vida (mala) que estiveron condenados a sufrir os españois. O nacional-catolicismo sumiu a España na miseria económica e moral: represión, exercicios espirituais, Sección Femenina, racionamento, estraperlo, Una Grande Libre, Franco Franco Franco... Medo, moito medo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario