HISTORIA E CIENCIAS SOCIAIS

23 nov 2013

Segunda sesión de Cinema, medioambiente e conflito social (20.11.2013)

 
Carme Alvariño Alejandro, profesora no IES de Sar (Santiago de Compostela), foi a encargada de presentar a segunda sesión do ciclo Cinema, medioambiente e conflito social, que se celebrou o mércores 20 de novembro no Salón de Actos da Facultade de Filosofia da USC.
Carme Alvariño, que dixo que o protagonista da sesión era a auga, presentou a Raúl Sotuelo Vázquez, tamén profesor de Ensino Secundario (IES de Porto do Son), de quen destacou a súa experiencia no terreo da formación do profesorado así como a súa traxectoria investigadora, especializada en movementos migratorios.

Raúl Sotuelo, autor dun traballo sobre as repercusión das construción do embalse de Castrelo de Miño nos anos sesenta (“Marcharon coa terra e a xente marchou”. Un caso de movilización y resistencia campesina en la Galicia del franquismo: las protestas contra la construcción del embalse de Castrelo de Miño (Ourense, 1964-1965)”, en Díaz Barrado, M.P. (coord.), Historia del Tiempo Presente. Teoría y metodología, Cáceres, Universidad de Extremadura, 1998, pp. 361-366.), comezou o seu relatorio resaltando o feito de que nun primeiro visionado do filme da sesión (La selva esmeralda) non lle foi doado atopar puntos de coincidencia co tema da súa exposición. Unha exposición, dixo, preparada sobre o feito de que a maior parte das persoas asistentes ao ciclo están dedicadas ao ensino secundario.
Posiblemente, comentou o relator, a relación entre territorio, lingua, identidade.. é o punto de confluencia entre o que nos conta o filme e o que nos trasmite o conflito de Castrelo de Miño. Unha forma de vivir, unha forma de entender o mundo vense ameazadas en La selva esmeralda e víronse ameazadas en Castrelo de Miño. Deste val e das xentes que o ocupaban apenas quedan restos na memoria… Sobre eles falou Raúl Sotuelo.
Recomendou a lectura de Morrer en Castrelo de Miño, novela de Xosé Fernández Ferreiro. Outras lecturas xurdiron no debate posterior ao visionado de La selva esmeralda: por exemplo, El corazón de la tierra, novela de Juan Cobos Wilkins (2001), sobre a que se basa a película homónima de Antonio Cuadri (2007). Falouse tamén de Local hero (Bill Forsyth, 1983) y de Y también la lluvia (Icíar Bollaín, 2010).
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario