HISTORIA E CIENCIAS SOCIAIS

1 dic 2013

Terceira sesión de Cinema, medioambiente e conflito social (26.11.2013)

Ramón López Facal, profesor da USC, presentou a Alba DíazGeada, quen acaba de acadar a máxima puntuación na defensa da súa tese de doutoramento: Mudar en común. Cambios económicos, sociais e culturais no rural galego do franquismo e da transición (1959-1982); un traballo que inclúe un apartado sobre a movilización contra a contrución dunha central nuclear en Xove (Lugo), que é o tema da sesión.
Alba Díaz destacou a multiplicidade de puntos de vista para acercarse a esta cuestión, deixando ben claro que ela non estudiou o proceso de mobilización en se mesmo senón como un instrumento para coñecer os cambios e as permanencias na actitude do campesinado labrego. Axentes, repertorios de protesta ou motivacións son aspectos sobre os que falou Díaz Geada, quen tamén insistiu na importancia do contexto político no que se deu o conflito de Xove. Marcando distancias entre a Galicia do momento e o País Vasco (neste caso, o recurso á violencia, a presenza de ETA constitúe o elemento diferenciador), quixo destacar, por outra banda, o tratamento que Lemoniz, la centralfantasma dá aos vecinos, que tan soamente aparecen ao final do documental.

Tralo visionado do filme, abriuse unha quenda de intervencións nas que, unha vez máis, se falou das posibilidades que ofrece Lemoniz para as aulas así como dos problemas medioambientais actuais.
A cuarta e derradeira sesión deste ciclo terá lugar o mércores, 4 de decembro, no Salón de Actos da Facultade de Filosofía da USC. Proxectarase A mirada de Anna, documental dirixido por Jorge Algora con guión de Llorenç Soler. Un fragmento de A mirada de Anna está disponible en: http://www.youtube.com/watch?v=mwbqC2d6Y1U

Pódese atopar información sobre estes temas nas seguintes referencias bibliográficas:
 
Alonso, V.L. et al. (1976): Crisis agrarias y luchas campesinas, 1970 – 1976, Madrid, Ed. Ayuso

Costa Morata, P. (2001): Nuclearizar España. Troya Editorial, Madrid (1ª Ed. Barcelona, Los Libros de la Frontera, 1976).

Fernández Sánchez, J. (1999), El ecologismo español, Madrid, Alianza.

Foweraker, J. (1990): La democracia española. Los verdaderos artífices de la democracia en España, Madrid, Arias Montano.
Herrera González de Molina, A., (2007),  La construcción de la democracia en el campo (1975-1988): el sindicalismo agrario socialista en la Transición española, Madrid, MAPA.

Langreo, A. (1996): “Del campesino al empresario agrario: los conflictos actuales del medio rural”, en García de León, M.A. (ed.), El campo y la ciudad, Madrid, MAPA, pp. 45 – 77.

Lanero Táboas, D. (ed.), (2013): Por surcos y calles. Movilización social e identidades en Galicia y País Vasco (1968 – 1980), Madrid, Los Libros de la Catarata.

López Romo, R. (2011), Años en claroscuro. Nuevos movimientos sociales y democratización en Euskadi, 1975 – 1980, Bilbao, EHU-UPV.

Naredo, J.M., (1996), La evolución de la agricultura en España: (1940 – 1990), Granada, Universidad de Granada (1ª Edición, Barcelona, Laia, 1977).

Sabio Alcutén, A. (2001), Labrar democracia y sembrar sindicalismo: la Unión de Agricultores y Ganaderos de Aragón (1975 – 2000), Zaragoza, Unión de Agricultores y Ganaderos de Aragón.

Soto Fernández, D.; Herrera de Molina, A.; González de Molina, M.; Ortega Santos. A (2007); “La protesta campesina como protesta ambiental, siglos XVIII-XX”, Historia Agraria, 42, pp. 277 – 301.


No hay comentarios:

Publicar un comentario